28 febreiro 2026

28 de febreiro

O 28 de febreiro de 380 é a data aceptada da elevación do cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto de Tesalónica. O emperador era Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en Cauca, Hispania (na Gallaecia segundo Hidacio e Zósimo).

Sabes que cidade considera ser a Cauca Antiga?

Verás que parece que Gallaecia chegaba moi lonxe...

24 febreiro 2026

24 de febreiro

A Batalla de Pavía tivo lugar tal día coma hoxe, 24 de febreiro, pero de 1525.

Traemos esta batalla porque nela particpou destacadamente Afonso Pita da Veiga, militar galego que adquiriu gran sona no exército galego dirixido e liderado por Fernando de Andrade polas súas intervencións nas guerras italianas acontecidas entre os anos 1513 e 1525.

Pita da Veiga capturou no campo de batalla do rei Francisco I de Francia.

Sabes cando foi liberado Francisco I?

23 febreiro 2026

23 de febreiro

Agora que xa rematou o entroido traemos este fragmento dunha obra de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, nado en Lalín, tal día coma hoxe, 23 de febreiro, pero de 1908.

Sabes onde está esta obra?.